Deporte Galego

VII Campus "José Ángel Antelo"

  • 26 Xullo 2012 |

Con bo ritmo avanza a singradura da sétima edición do campus "José Ángel Antelo", organizado polo C.B. Noia e que conta coa colaboración do Concello de Noia, da Federación Galega de Baloncesto e da Deputación da Coruña, entre outras institucións.

Posto en marcha este luns, o día a día no VII Campus está a resultar ben satisfactorio, contando coa participación de xogadores e xogadoras profesionais que acompañan aos máis novos durante as diferentes xornadas. Así, figuras como a do propio Antelo ou a da compostelá Arantxa Mallou repiten experiencia cada ano nesta cita estival do baloncesto noiés.

A actividade dentro deste VII Campus "José Ángel Antelo" estenderase ata o sábado, 28 de xullo, acumulando experiencias positivas que gardar para afrontar con renovados folgos vindeiras edicións.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis