Deporte Galego

Todo preparado para o "XII 3x3 Carneiro ao Espeto"

  • 26 Xullo 2012 |

Co adestrador obradoirista Moncho Fernández como padriño de excepción desta doceava edición, a tradicional cita co 3x3 da vila pontevedresa de Moraña terá lugar este venres, 27 de xullo.

Todo a punto en Moraña para dar cabida a unha nova, e de seguro que exitosa, edición do "3x3 Carneiro ao Espeto", evento que organiza a ADC Espeto.

Na xornada deste venres 27, a partir das 10.30 h, en categoría júnior, e 12.00 h en categoría sénior, a modalidade "3x3" será o centro de atención principal nesta localidade, toda unha anfitrioa de luxo, verán tras verán, para este formato de competición.

A actividade virá acompañada do incentivo de diferentes sorteos e agasallos, así como importantes premios en metálico para os campións dos xogos e concursos (triplas, mates, etc).Unha estrutura lúdico deportiva ben pensada para facer as delicias de todos os participantes e que conta cun padriño notable: Moncho Fernández.

"Referencia para todos os galegos"
O adestrador santiagués foi xa o gran protagonista do acto de presentación do torneo, que tivo lugar o luns na Casa da Cultura ADR Castelao, na propia localidade de Moraña, e no que Moncho estivo acompañado pola alcaldesa da vila, Luisa Piñeiro;o presidente do ADC Espeto, Saúl Ares; e o Delegado da FGB en Arousa, José Luis Renda.

Moncho Fernández agradeceu á ADC Espeto a súa elección como padriño e recoñeceu que non o dubidou nin un instante "pola amizade que o une a Saúl Ares e pola natureza do evento." Para o padriño desta edición "este torneo é unha referencia para todos os galegos, soubo perdurar no tempo e ademais do aspecto deportivo, ten un gran compoñente lúdico-social". Así mesmo, destacou a importancia que ten a "implicación de concello e patrocinadores" e animounos a "continuar apostando por un evento de calidade e gratuíto para todos os participantes."

Pola súa banda, o representante federativo, José Luis Renda; mostrou a súa satisfacción "por poder estar un ano máis en Moraña" e destacou o valor que iniciativas deste tipo teñen na promoción do deporte e do baloncesto, recordando que a modalidade de 3x3 pronto será unha disciplina olímpica.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis