O Concello de Marín acolle á Selección Española U15 Masculina que disputará o "Torneo de la Amistad".
A partir de mañá e ata o vindeiro día 12 de agosto a Selección Española U15 disputará un Torneo Internacional no que deberá medirse coas Seleccións de Italia, Grecia e Francia no pavillón de A Raña de Marín.
O calendario completo do Torneo, cuxa entrada será gratuíta, é o seguinte:
10/08/12
Italia - Francia (18.30h)
España - Grecia (20.30 h)
11/08/12
Grecia - Francia (18.30 h)
España - Italia (20.00 h)
12/08/12
Italia - Grecia (18.30 h)
España - Francia (20.30 h)