O vindeiro día 25 de agosto celebrarase o XI Torneo Urbano 3x3 na localidade de Pontevedra da man do C.B. Arxil
A pontevedresa Praza da Ferrería acollerá o Torneo 3x3 que organiza un ano mais o C.B. Arxil e que xa vai pola XI edición. Para poder participar neste evento os participantes deberán entregar o cupón de participación cuberto na oficina o Diario de Pontevedra ou ao propio club organizador, sendo posible a participación dende a idade benxamín ata sénior.
Nos documentos que se achegan pódese ver o cartel do evento así como o cupón de inscrición.