Deporte Galego

Porta XI Ensino e C.B. Viveiro suman esforzos e activan o "Staff de Tecnificación Viveiro 2012"

  • 07 Setembro 2012 |

- Ambas as entidades ofrecen a posibilidade de participar no seu Staff de pretemporada, a celebrar en Viveiro entre os vindeiros 10 e 13 de setembro.

- Traballo Técnico e Táctico, así como a convivencia entre monitores e xogadores, serán a clave das tres vías de acción que inclúe o programa deste Staff.

Porta XI Ensino e C.B. Viveiro poñen en marcha, de xeito conxunto, o seu "Staff de Tecnificación Viveiro 2012", unha oportunidade de traballar, man a man, no perfeccionamento técnico e táctico dos xogadores.

Aproveitando as datas de pretemporada nas que nos atopamos, ambos os clubs, achegan aos xogadores e técnicos a posibilidade de tomar parte de tres actividades diferenciadas para as que a inscrición permanece activa:

Xornadas técnicas para os xogadores/as. Campus "Staff de Tecnificación"
O Pavillón Municipal de Viveiro acollerá un Campus de Tecnificación orientado a xogadores e xogadoras nados entre o ano 1996 e o 2000, de categorías infantís, cadetes e júnior nesta temporada 2012 - 2013.

A estancia neste Campus, que se estenderá do 10 ao 13 de setembro en horario de mañá e tarde, poderá realizarse en media pensión ou pensión completa, dispoñendo en cada caso dun prezo diferente. Os detalles de cada caso, así como a información completa deste Campus, pode consultarse no díptico que ambos os clubs teñen editado para tal fin.

Staff de preparación do Porta XI - Ensino de LF2
O equipo de máxima categoría da entidade lucense abre as portas dos seus adestramentos durante os días 10, 11 e 12 de setembro. O bloque de xogadoras de Liga Feminina 2 traballará ao longo desas tres datas na localidade de Viveiro, onde, os adestradores e xogadores que o desexen poderán contemplar o seu traballo e realizar preguntas ao remate dos adestramentos. Unha excelente oportunidade de introducirse no corazón e na dinámica da pretemporada dun equipo profesional.

Clinic "Praia de Covas"
A oferta formativa deste Staff de tecnificación complétase cun Curso Monográfico para adestradores, a celebrar o 13 de setembro e no que o traballo coas categorías inferiores centrará o discurso.

De carácter gratuíto, o seu programa articúlase en torno a tres profesionais do noso baloncesto: Javier López Muñoz, adestrador do Durán Maquinaria Ensino; Antonio Montero Seoane, profesor de baloncesto del Inef Galicia; e Antonio Pérez Caínzos, adestrador do primeiro equipo do Básquet Coruña na recente temporada 2011 - 2012 e Máster en Psicoloxía do Deporte.

"Como conxugar un equipo profesional con xogadoras de formación", da man de Javi Muñoz; ou o potencial do Baloncesto "como medio formativo", en virtude da experiencia de Antonio Montero, serán algúns dos temas a tratar nesta cita.

A Federación Galega de Baloncesto, colaboradora de Ensino e C.B. Viveiro neste Staff, concederá unha hora de formación práctica para os alumnos dos Cursos de Adestradores de Nivel 1 e 2 que asistan, de xeito completo, a este clínic.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis