Deporte Galego

Chega a A Coruña o "Torneo 3x3 Virxe do Rosario"

  • 02 Octubre 2012 |

A Coruña engalánase para recibir unha fin de semana co baloncesto 3x3 como eixo central. Básquet Coruña, en colaboración coa Federación Española de Baloncesto, a Federación Galega, e co apoio do Concello de A Coruña, converterá este sábado e domingo, 6 e 7 de outubro, nunha festa deportiva, co espírito da participación cidadá por bandeira e co referente da visita á cidade do Road Show World Cup 2014, estrutura lúdico itinerante da FEB.

Basquet Coruña presenta o "Torneo 3x3 Virxe do Rosario", unha nova oportunidade para os afeccionados e federados de desfrutar do formato 3x3, que volve a sair á rúa para amosar toda a súa forza.

A cita será esta fin de semana, 6 e 7 de outubro, e o escenario escollido: a explanada do Palacio dos Deportes de Riazor. Xogadores en idades comprendidas entre as categorías minibasket, infantil, cadete e júnior están chamados a participar desta competición, que ademais do atractivo do propio formato 3x3, contará coa presenza dun convidado de auténtica excepción: o Road Show World Cup 2014.

Os equipos participantes darán conta o sábado, de 16:30 h a 19:30 h, dunha fase de grupos, clasificatoria que dará saída ao Torneo. Posteriormente, o domingo, e tras a desputa do encontro de Adecco Ouro (Leyma Natura Básquet Coruña - Planasa Navarra), levarase a cabo a Fase Final, entre 12.30 h e 13.30 h. E durante todo este tempo, completando a oferta deportiva, o citado Road Show World Cup 2014 non deixará a ninguén indiferente.

Road Show World Cup 2014
O camión da Federación Española de Baloncesto que se encarga de promocionar o Mundial 2014, implicando a todos os bos afeccionados ao baloncesto e trasladándolles a maxia deste deporte a través de sorprendentes actividades estará no "Torneo 3x3 Virxe do Rosario".

Será un valor engadido a través do cal poderanse descubrir segredos e documentos históricos do baloncesto nacional, coñecer de xeito interactivo diferentes aspectos do xogo e recoller a información más completa do futuro Mundial 2014. Por suposto, non faltará o espazo para o ocio.

Inscricións
Completamente de balde e con todas as facilidades para o trámite. Os interesados en dar vida a este Torneo 3x3 poden anotarse ata este venres, 5 de outubro. Para facelo deben dirixir o formulario de inscrición preciso, que aquí se achega, ao seguinte enderezo electrónico do propio club: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis