Deporte Galego

Universitario de Ferrol: chega o seu Torneo de Nadal - 3 x 3 Minibasket

  • 18 Decembro 2012 |

Universitario de Ferrol renova un ano máis a súa aposta polo 3x3 e celebra este Nadal a edición número 25 do seu tradicional Torneo de Minibasket baixo este formato de competición.

O club da cidade departamental celebra os próximos días 26 e 27 de decembro unha nova edición deste 3x3 no que a finalidade é totalmente lúdica e festiva e que conta, ademais, co apoio da Federación Galega de Baloncesto e do Padroado Municipal de Deportes.

O Polideportivo de Esteiro repite como sede para a competición. Alí reuniranse, a partir das 10.30 h de cada xornada, un máximo de 32 equipos alevíns ou benxamíns. Englobados en catro categorías diferentes darán renda solta á diversión que o 3x3 sempre atesoura.

Inscrición
Os equipos interesados en participar deben enviar a documentación precisa a través do correo electrónico (Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. ou Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. ) ou entregala en persoa na sede da zonal FGB. As inscricións serán admitidas por rigurosa orde de recepción e o prazo límite para tramitar a mesma remata o 21 de decembro.

O proceso quedará pechado, para todos os efectos, no intre no que se completen os 32 equipos citados anteriormente como cifra tope de participantes.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis