Deporte Galego

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia organiza unha temporada máis as Ligas internas de Colexios - Ligas LINCO

  • 25 Xaneiro 2013 |

- O Club vigués pon en marcha este venres 25 dúas competicións interescolares dirixidas a nenos e nenas de entre 6 e 16 anos: a 11ª Liga Linco e a 4ª Liga Linco XL.

- Durante a vida das mesmas, os pavillóns de Navia e Balaídos acollerán cada venres a máis de 300 escolares coa práctica do baloncesto como principal obxectivo.

11ª LIGA INTERNA DE COLEXIOS - LIGA LINCO LINORSA 2013

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia organiza por undécimo ano consecutivo unha nova edición desta Liga Interna de Colexios (LINCO), que se desenvolverá no Pavillón Municipal de Navia todos os venres, desde o mes de febreiro ata o de maio, de 16:15 a 18:00 h.

Nesta nova edición da Liga LINCO - Linorsa 2013, no curso deportivo no que se celebra o trinta aniversario da entidade viguesa, participarán as 11 Escolas Deportivas dirixidas e coordinadas polo Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia: as Escolas Deportivas dos colexios CEIP Seis do Nadal, CEIP Illas Cíes, CEP Celso Emilio Ferreiro, CEP Doutor Fléming, CEIP Pintor Laxeiro, CEIP Javier Sensat e Colexio Don Bosco; así como as tres Escolas Deportivas Municipais do Berbés, Balaídos, e Navia; e a escola deportiva do CEIP Carrasqueira como escola convidada nesta edición. En conxunto reuniranse máis de 200 nenos e nenas de entre 6 e 12 anos.

A Liga LINCO - Linorsa conta por sétimo ano consecutivo co apoio e colaboración de Linorsa, empresa que apostou por esta Liga Escolar e polo deporte escolar do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia desde a tempada deportiva 2006/2007.

Esta Liga Interna de Colexios conta tamén coa colaboración de Coca-Cola, Larsa e Displave; e ten o apoio e o refozo da Concellería de Deportes do Concello de Vigo, o Instituto Municipal dos Deportes, a Fundación Vigo en Deporte (VIDE) e a Federación Galega de Baloncesto.

A súa presentación oficial terá lugar este venres, 25 de xaneiro, a partir das 16:15 horas no Pavillón Municipal de Navia.

4ª LIGA INTERNA DE COLEXIOS XL 2013 LIGA LINCO LINORSA XL 2013

A temporada 2012/2013 vivirá a Cuarta Edición da Liga LINCO - LINORSA XL 2013, dirixida a rapaces e rapazas de entre 13 e 16 anos e na que participarán dúas Escolas Deportivas: a Escola Municipal de Balaídos e o centro educativo CEIP Seis do Nadal.

Esta iniciativa do club da cidade olívica xurdiu coa idea de converterse nunha continuación da Liga LINCO de minibásquet e co obxectivo de ofrecer unha experiencia competitiva a todos os rapaces e rapazas de entre 13 e 16 anos que militan nas Escolas Deportivas organizadas e adestradas polo Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.

A Liga LINCO - Linorsa XL 2013 conta coa colaboración e respaldo de Linorsa, Coca-Cola, Displave e Larsa; e tamén co reforzo da Concellería de Deportes do Concello de Vigo, a Fundación Vigo en Deporte (VIDE) e a Federación Galega de Baloncesto.

A súa presentación oficial terá lugar tamén este venres, 25 de xaneiro, a partir das 16:15 horas no Pavillón Municipal de Navia.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis