Ricard Casas, Gustavo Aranzana e Antonio Pérez configuran este ano o cartel desta nova edición do tradicional clínic lucense, a celebrar os vindeiros 11 e 12 de febreiro.
Por noveno ano consecutivo, a Asociación Xuvenil Sagrado Corazón celebra na cidade da muralla o seu Campus "Lugo é Basket - Hierros Ferreiro", referencia formativa orientada a adestradores que se renova cada temporada.
Contando co apoio da Federación Galega de Baloncesto, entre outras institucións, a edición deste 2013 terá lugar os próximos días 11 e 12 deste mesmo mes.
O Pazo Provincial dos Deportes repetirá como sede para este Clínic, abrindo as súas portas a tres adestradores de auténtico Nivel: Gustavo Aranzana, Ricard Casas e o galego Antonio Pérez.
Repartindo a carga teórica ao longo das dúas xornadas (11 e 12 de febreiro), os tres técnicos afondarán en diferentes aspectos dos que son bos coñecedores: Metodoloxía para a ensinanza da técnica individual, da man de Ricad Casas; Fundamentos Técnico - Tácticos ofensivos no 5x5 con Antonio Pérez: e a Defensa 1-3-1 e as Series curtas e largas no xogo de ataque a través da experiencia de Gustavo Aranzana.
A presenza no total destas intervencións poderán validarse por 8 horas de formación continua para os actuais alumnos dos cursos de adestradores da FGB. Un diploma acreditativo da participación neste IX Clínic ratificará este dato.
Proceso de Inscrición
A Asociación Xuvenil Sagrado Corazón ofrece a posibilidade de inscribirse cun prezo de 40 euros polo total da actividade, pago que inclúe o material e as planillas oficiais do Clínic.
Nos documentos que se achegan pode descargarse a solicitude oficial de inscrición, na que se especifican, á súa vez, os horarios concretos establecidos para cada charla.