Deporte Galego

X Campus de Baloncesto ADFRO

  • 17 Marzo 2013 |

Chega a X Edición do Campus A.D.F.R.O, que terá lugar os próximos 25, 26 e 27 de marzo e está dirixida a nenos e nenas de entre 7 e 17 anos que desexen gozar coa práctica do Baloncesto.

A.D.F.R.O regresa co seu tradicional campus de Semana Santa, celebrando neste 2013 a súa X edición co habitual, e non por iso menos importante, obxectivo de promocionar e difundir o baloncesto entre os mozos da súa zona e área de influencia, desenvolvendo e mellorando os seus fundamentos técnicos sobre o basket.

O campus celebrarase na Coruña nos días previos a Semana Santa, catro xornadas nas que ofrecer: adestramentos específicos, grupos de perfeccionamiento e diversión. Todo iso combinado con infinidade de actividades alternativas, competicións e concursos.

O Corpo Técnico encargado de xestionar o desenvolvemento deste X Campus contará coa presenza de importantes colaboradores e adestradoresconvidados chegados de equipos procedentes de diferentes puntos da xeografía española. Un aliciente máis para animarse a participar.

Inscrición
O prazo de inscrición deste X Campus atópase xa aberto e estenderase ata o próximo 23 de marzo, data tope. A cota de inscripción establécese nos 25 euros, cantidade a ingresar na conta 2100 2323 93 0200089271 de "la Caixa" e que dá dereito a diploma acreditativo e a tres merenas. Os participantes contarán, á súa vez, con seguro de responsabilidade civil.

Os detalles ao completo poden consultarse no documento que se achega.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis