Deporte Galego

II Campus de Baloncesto Base ABO Camp

  • 19 Marzo 2013 |

O ABO pon en marcha a II edición da seu Campus ABO, marcado no calendario para os próximos días 25, 26 e 27 de marzo e a celebrar no ourensano Pavillón Municipal dos Remedios.

Orientado a nenos e nenas nacidos entre os anos 2001 e 2006, ambos inclusive, nel traballaranse diferentes aspectos técnicos acordes á idade de cada xogador, compaxinando esta faceta con competicións individuais (1x1, 3x3, two ball, etc) e en conxunto. Variados talleres lúdicos (inglés, manualidades, etc), así como un importante carácter de convivencia serán tamén protagonistas. Ademáis, non faltarán detalles para todos os participantes.

Inscrición
ABO ofrece diferentes vías ás que optar se se desexa participar neste II Campus de Baloncesto Base ABO. Así, os interesados poderán elixir entre: 40€ a matrícula simple, 50€ a matrícula e manutención ou 70 € matrícula, manutención e transporte. Desde o club facilitarase tamén a posibilidade de que os xogadores e xogadoras se apunten en grupo, cunha oferta de 4x3.

A información completa relativa a este II Campus, así como aqueles datos que o definen poden consultarse nos documentos que se achegan.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis