Deporte Galego

Universitario de Ferrol: XXVI edición do seu Torneo de 3 x 3 Minibasket

  • 19 Marzo 2013 |

Universitario Ferrol presenta un ano máis a súa aposta polo 3x3 e renova esta Semana Santa a súa tradicional cita co Torneo 3x3 de Minibasket.

O club da urbe departamental celebra os vindeiros luns 25 e martes 26 de marzo unha nova edición deste 3x3 no que a finalidade é sempre de carácter lúdico, contando co apoio da Federación Galega de Baloncesto e do Padroado Municipal de Deportes de Ferrol, entre outras institucións.

A competición está programada para a participación dun total de 32 equipos equipos alevíns ou benxamíns, que, englobados en catro categorías segundo a idade, disfrutarán do Baloncesto no Polideportivo de Esteiro. Alí reuniranse cada xornada, a partir das 10.30 h, e farán do 3x3 o protagonista.

Proceso de Inscrición
Os equipos interesados en participar deben enviar a documentación precisa (que se achega xunto a esta nova) a través do correo electrónico (Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. ou Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. ) ou entregala en persoa na sede da zonal FGB.

As inscricións serán admitidas por rigurosa orde de recepción e o prazo límite para tramitarlas remata o venres, 22 de marzo. O proceso quedará pechado, para todos os efectos, no intre no que se completen os 32 equipos citados anteriormente como cifra total de participantes.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis