O C.B. Arcade e o Concello de Soutomaior organizan este sábado, 23 de marzo, a XII edición do seu Torneo "Concello de Soutomaior", a disputar no Pavillón Municipal A Montesiña a partir das 16.30 h.
Tomarán parte desta cita o C.B Pontevedra, o San Mauro - Vilanova e o propio C.B. Arcade, os tres, equipos da terceira división. Competirán en formato 3x1, todos contra todos, distribuíndo o seu xogo en encontros de vinte minutos dirixidos por colexiados do CGAB.
Abrirá o Torneo un C.B. Pontevedra - C.B. San Mauro, para dar paso posteriormente á seguinte orde de encontros: C.B. Arcade - Perdedor do C.B. Pontevedra - C.B. San Mauro e, finalmente: C.B. Arcade - Vencedor do C.B. Pontevedra - C.B. San Mauro.
A tradicional cerimonia de trofeos porá o broche a esta doceava convocatoria, da que se agarda que repita o éxito de anteriores temporadas.