Deporte Galego

C.B. CLUNY: IV Campus "You"

  • 20 Marzo 2013 |

Xa se coñecen todos os detalles da IV edición do Campus "You", organizado en Compostela polo C.B. Cluny. A entidade santiaguesa abrirá as portas do seu pavillón entre o 25 e o 27 de marzo para ofrecer un completo programa de actividades dentro desta cita xa tradicional.

Dirixido a nenos e nenas de entre 6 e 12 anos (minibasket e preminibasket), a cuarta edición do Campus "You" trae consigo un total de tres días repletos de baloncesto e diversión nos que non faltarán as competicións 1x1, 3x3, os concursos de tiro e habilidade ou a práctica de diferentes deportes. Todo iso a cargo de adestradores, monitores e preparadores físicos titulados e expertos.

Inscrición
O IV Campus "You" abre a posibilidade de inscripción cunha cota de 40 € por participante, sendo esta de 35 € se os xogadores ou xogadoras pertencen á disciplina do C.B. Cluny. Existen ademais descontos, a consultar no tríptico que se achega.

Para solicitar a participación será preciso cubrir o formulario oficial, que pode consultarse aquí, e facelo chegar ao C.B. Cluny.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis