Escola Basket Xiria, en colaboración coa Federación Galega de Baloncesto; promove desde a vila de Carballo, pero con espíritu de expansión, o "I Día Autonómico do Pequebasket", a celebrar nunha data tan especial como a do próximo 17 de maio, Día das Letras Galegas.
Orientado a xogadores e xogadoras de entre 4 e 8 anos, e coa novidade do "4x4" como formato de xogo, chega este "I Día Autonómico do Pequebasket", marcado para o vindeiro 17 de maio, e que será, sen dúbida, toda unha festa do deporte para os xogadores e xogadoras máis novos.
O Pavillón Municipal Carballo Calero e as instalacións do CEIP Bergantiños serán sede para toda unha xornada (11.00 h - 19.00 h) na que os nenos e nenas galegos poderán desfrutar aprendendo, convivindo e xogando con compañeiros chegados de diferentes puntos da nosa xeografía.
Cun sistema de encontros "todos contra todos", este "I Día Autonómico do Pequebasket" ofrecerá canastras específicas segundo a idade dos participantes de cada equipo, así como a presenza de monitores e preparadores físicos que guiarán aos rapaces antes de comezar o xogo.
Zona lúdica
Esta compoñente deportiva complementarase cun importante volume de actividades lúdicas e de esparecemento nas que poder rendabilizar o tempo libre entre partidos. Gozarase dun espazo repleto de inchables, unha área de educación vial e terreo reservado para actividades culturais relacionadas co 50 aniversario do Día das Letras Galegas, adicado a Roberto Vidal Bolaño.
Materializarase así un combinado especial de baloncesto e cultura posible grazas ao esforzo do club organizador e a colaboración da Concellaría de Promoción Económica do Concello de Carballo e a hostalería local. Entre todos, farán do 17 de maio unha data a marcar para repetir en vindeiras ocasións.
Información e Inscrición
Escola Basket Xiria mantén aberto o proceso de inscrición para este "I Día Autonómico do Pequebasket" ata o vindeiro 30 de abril, data tope para enviar os formularios de inscrición ao enderezo Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
Nesta dirección de correo electrónico recibiranse as solicitudes de participación dos equipos que o desexen, así como aquelas consultas ou dúbidas referidas á actividade. As cuestións referidas á normativa de xogo, avituallamento e seguro deportivo poden confirmarse na FICHA INFORMATIVA que aquí se remite.