Deporte Galego

Presentación en sociedade para o "I Día Autonómico do Pequebasket"

  • 03 Maio 2013 |

O Concello de Carballo acolleu esta mañá de venres a presentación do "I Dia Autonómico do Pequebasket", evento que reunirá o vindeiro 17 de maio ,nesta localidade coruñesa, a un total de 300 rapaces (30 equipos) de entre 4 e 8 anos que vivirán toda unha festa do Baloncesto.

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero; presidiu un acto no que estivo acompañado pola Vicepresidente da Deputación de A Coruña, Mariel Padín; así como por representantes do club organizador da actividade, Escola Basket Xiria; e da Federación Galega de Baloncesto, co seu Presidente Francisco Martín; e o seu Vicepresidente segundo, José Manuel Villamarín, á cabeza.

Todos os presentes nesta especial posta de longo amosaron a súa confianza neste proxecto e o seu desexo de que este I Día Autonómico do Pequebasket sexa todo un éxito de participación e organización, así como unha proposta que perdure no tempo e se estableza como unha das grandes citas do baloncesto galego.

Baloncesto, aprendizaxe e diversión
Equipos procedentes das 4 provincias galegas confirmaron xa a súa participación neste I Día Autonómico do Pequebasket, no que para moitos dos nenos e nenas, será o seu debut nun torneo, así como o seu primeiro desprazamento.

O formato de 4x4, con canastras e canchas de xogo adaptadas á idade dos participantes, e unha zona lúdica con inchables, xogos, circuíto de educación vial, etc, permitirán vivir unha xornada festiva, en horario de 11:00 a 19:00, onde a pura competición quedará en segundo plano.

Será un 17 de maio, Día das Letras Galegas, moi especial, aberto tamén a todos os nenos e nenas da zona que desexen achegarse o propio día a desfrutar das atraccións e da oferta lúdica.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis