Deporte Galego

Calancias e E.D. Lourenzá Ensino, representación galega na Fase Interautonómica de Ascenso a Primeira División Feminina

  • 06 Maio 2013 |

Calasancias vén de asinar e celebrar, esta mesma fin de semana, o seu título de campión galego da Primeira División Autonómica Feminina, feito polo que recibirá o seu trofeo en vindeiras datas e co que obtén a clasificación directa para disputar a citada Fase Interautonómica.

Calasancias, como flamante campión galego da Primeira División Sénior Feminina, título que rubricou este mesmo venres pasado; e E.D. Lourenzá Ensino, como subcampión; representarán a Galicia na Fase Interautonómica de Ascenso a Primeira División Feminina

Coruñesas e lucenses participarán desta competición, nunha edición que organizará o propio equipo coruñés e que terá lugar na cidade herculina entre o 16 e o 19 de maio.

Xunto aos dous clubs galegos, comparecerán nesta cita dous representantes das Comunidades Autónomas de Asturias e de Cantabria. Sumarán así un total de seis equipos na busca dunha única praza segura de ascenso a Primeira División Feminina.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis