Deporte Galego

Miguel Ángel Ortega, Juanjo Bernabé e Quique Fraga, poñentes no "Clinic #50anosdebreo"

  • 09 Xuño 2017 |

O adestrador campión de Liga Feminina, o Perfumerías Avenida Salamanca, o ex base e axente FIBA, e o adestrador axudante do Cafés Candelas, falarán de baloncesto no Pazo dos Deportes de Lugo

Club Baloncesto Breogán organiza, con motivo do seu 50 aniversario, un Clinic de Baloncesto dirixido a monitores, adestradores, profesores de Educación Física, xogadores, pero tamén aberto a todos aqueles que teñan inquedanza por saber algo máis do que se esconde na trastenda dos adestramentos, nunha xornada de formación que terá lugar o vindeiro día 17 de xuño no Pazo Provincial dos Deportes.

PROGRAMA:

(16:00 h) identificación e presentación.

(16:15 h) Juanjo Bernabé (Ex xogador profesional, Axente FIBA You First Sports): "O base: ¿aliado ou inimigo?".

(18:00 h) Quique Fraga (Segundo adestrador do Cafés Candelas Breogán) cunha charla titulada "O Scouting do Segundo Adestrador".

(19:15 h) Miguel Angel Ortega (Adestrador do Perfumerías Avenida Salamanca, Campión de LF 2016/17): "Do scouting ao liderado defensivo no xogo do base".

A entrada será de balde, sendo precisa, unicamente, unha inscrición previa, online, no formulario DESTA LIGAZÓN.

Validación

O "Clinic #50anosdebreo"  conta coa colaboración da FGB, enmarcando o mesmo dentro da "Aula Formativa do Adestrador Galego". En virtude desta vinculación, a participación no mesmo dos alumnos dos cursos de adestradores FGB poderá validarse por un CETI e un total de oito horas da súa formación persoal complementaria,

Esta actividade enmárcase dentro do plan de patrocinio da Deputación de Lugo co CB Breogán SAD

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence