Deporte Galego

Campus Baloncesto Peleteiro 2017

  • 09 Xuño 2017 |

Activa a edición 2017 para o "Campus Baloncesto Peleteiro". Esta cita, xa tradicional coa chegada do verán, cumple esta temporada a súa XXV edición, orientada a nenos e nenas de 7 a 16 anos de idade para os que combinará aprendizaxe, ocio e, por suposto, a práctica do baloncesto

Nas propias instalacións do Colexio Manuel Peleteiro, plenamente axeitadas para a práctica do deporte, a presente convocatoria do Campus 2017 terá lugar os vindeiros 26, 27, 28, 29 e 30 deste mes xuño e, como cada temporada, faráo baixo a dirección técnica de Pepe Casal, e a coordinación de experimentados técnicos de baloncesto da disciplina do A.D. M. Peleteiro, así como de outros clubs de Santiago de Compostela.

A Dirección do Campus mantén aberta a posibilidade de inscrición mediante ligazón oficial, referencia na cal poden tamén consultarse os detalles e pormenores (equipos de traballo, actividades complementarias, transporte, etc) dun Campus que promete, de novo, ser un éxito. Igualmente, no tríptico que achegamos remítese o global da información. 

Información

Inscrición  

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence