Deporte Galego

Adestradores: I Clinic "Vila de Cambados"

  • 09 Xuño 2017 |

Concello de Cambados, Federación Galega de Baloncesto e Club Xuventude Baloncesto promoven o "I Clinic Vila de Cambados", actividade a realizar no marco do XXXVIII Campionato de España de Clubs Infantil Masculino que se celebra na vila de Marín nestas datas.

Abrindo oportunidade para a participación de todos os adestradores galegos que o desexen, este "I Clinic Vila de Cambados" presenta un programa amplo que se materializará o vindeiro vernes, 16 de xuño; no Complexo Polideportivo “O Pombal” cos seguintes relatores:

(13.30 h) Manu Santos: “Iniciativa Defensiva”

(14.30 h) Picnic Coloquio

(14.45 h) Miguel Ángel Hoyo: “Atacar dende o 1º pase”.

(15.45 h) Café Coloquio

(16.00 h) Chiqui Barros: “2x2 técnica e táctica individual ofensiva ante as diferentes defensas do BD”.

As tres intervencións serán expostas en pista con xogadores, e terán unha duración máxima de 60 minutos. Da mesmas, froito da colaboración coa Federación Galega de Baloncesto, os asistentes terán a posibilidade de validalas por 8 horas de formación complementaria e 1 CETI, sempre que sexan alumnos dos cursos de adestradores FGB.

Inscrición
Para tramitar a inscripción nesta primeira edición do Clínic "Vila de Cambados" é preciso efectuar ingreso bancario (ES93 2080 5414 6230 4010 4202) da cota de acesso (10 euros) e enviar, antes do mércores, 14 de xuño; o xustificante de pago, así como a reseña dos datos persoais (nome completo, DNI, e club de orixe) vía mail a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo..

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence