Deporte Galego

"I Día Autonómico do Pequebasket - Carballo 2013": Calendario de xogo

  • 15 Maio 2013 |

Todo Preparado para que este venres, 17 de maio; se celebre en Carballo o "I Día Autonómico do Pequebasket - Carballo 2013", cita lúdica co baloncesto 4x4 para os xogadores e xogadoras galegos máis novos.

Coincidindo coa festividade das Letras Galegas, e coa colaboración da Federación Galega; Escola Basket Xiria e Concello de Carballo poñen en marcha esta xornada, que reunirá a un total de 28 equipos con 289 participantes inscritos.

Cun sistema de encontros "todos contra todos", este "I Día Autonómico do Pequebasket" ofrecerá canastras específicas segundo a idade dos participantes de cada equipo, así como a presenza de monitores e preparadores físicos que guiarán aos rapaces antes de comezar o xogo.

O Pavillón Bergantiños será a sede principal dos encontros a disputar, partidos que compartirán protagonismo con zonas para xogos e tempo para a diversión e o lecer.

Calendarios
O "I Día Autonómico do Pequebasket" conta xa cos seus calendarios oficiais completos, confeccionados con 5 grupos de xogo en total, catro de categoría Pequebasket e un para minibasket (nados en 2005). Os cruces farán que sen enfrenten os distintos equipos da zona, EM Laracha, Artai e a Escola Basket Xiria, con conxuntos doutras zonas da nosa Comunidade como Lugo, Ourense, Santiago, Ferrol, A Coruña, Arteixo, As pontes, Porto dos Son, Santa Comba, Noia, Vigo, Culleredo e Cee.

Lembrar que a xornada tamén estará aberta a calquera neno ou nena que se acheguen ata as instalacións deste "I Día Autonómico" e desexen participar, para así amosarlles que o xogo a diversión e o deporte están relacionados.

Na seguinte LIGAZÓN pode consultarse o Calendario Completo do "I Día Autonómico do Pequebasket - Carballo 2013". A desfrutalo!

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis