Deporte Galego

Obradoiro CAB homenaxea ás seleccións galegas no Partido do Federado

  • 24 Abril 2017 |
Obradoiro CAB homenaxea ás seleccións galegas no Partido do Federado
(Fotos: Obradoiro CAB/Xaime Cortizo)

(Info: Obradoiro CAB) Durante o descanso do Partido do Federado, disputado este fin de semana ante UCAM Murcia, o equipos santiagués realizou unha homenaxe moi especial ás seleccións galegas de minibasket, infantil e cadete.

Neste acto, que xa se está convertendo en tradición, o máis dun centenar de xogadores, xogadoras e os seus corpos técnicos baixaron á pista nada máis comezar o descanso para comezar a homenaxe. Alí esperábanlles a secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez; o presidente da Federación Galega de Baloncesto, Francisco Martín; e o membro do Consello de Administración do Rio Natura Monbus Obradoiro, Óscar Rodríguez, que saudaron e felicitaron a cada un deles polo seu traballo e esforzo.

Posteriormente colocáronse para realizar a tradicional foto de familia e, antes de abandonar a pista baixo o aplauso de toda a afección obradoirista, apiñáronse todos xuntos para despedirse co berro: 1,2,3 ¡Galicia!.

187 Obra-Murcia C Xaime Cortizo MG 8149

Os equipos galegos acadaron as seguintes posicións nos seus campionatos de España correspondentes: cadete masculino (15º), cadete feminino (7º), infantil masculino (6º), infantil feminino (5º), mini masculino (6º) e mini feminino (5º).

O Rio Natura Monbus Obradoiro felicita, un ano máis; a cada un dos integrantes dos equipos das seleccións galegas polos resultados obtidos, ademais de pola súa implicación, dedicación, loita e esforzo.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence