Deporte Galego

VIII Convivencia Benxamín Club Baloncesto O Meco

  • 16 Maio 2013 |

O Club Baloncesto O Meco renova en O Grove, unha edición máis, a cita coa súa Convivencia Benxamín, actividade xa tradicional a celebrar cada 17 de maio, coincidindo coa Día das Letras Galegas.

Como en edicións anteriores o evento reunirá arredor de 250 xogadores das categorías benxamín e pre-benxamíns dos clubs convidados, pertencentes ás Delegacións FGB de Arousa, Vigo e Coruña e que ao longo do día non terán tempo para o aburrimento ao ser partícipes da combinación de competición e convivencia dentro dun completo programa de actividades pensadas para o seu desfrute.

A VIII convivencia dará comezo ás 10:00 h cos catro primeiros partidos, nos catro campos nos que se dividirá o Pavillón Municipal Monte da Vila, e rematará a xornada competitiva matinal arredor das 14.00 horas.

Logo do xantar, que correrá a cargo da organización e que os xogadores vivirán todos xuntos, será o momento de participar nun espectáculo que a través da música e do baile fará que os rapaces o pasen en grande. Así mesmo, ao longo de todo o venres, contarase tamén con xogos populares, pinturas corporais, concursos, bailes, agasallos e a indispensable entrega de medallas a todos os participantes.

Colaboración Comité Galego de Árbitros
O Comité Galego de Árbitros da Federación Galega será tamén parte activa desta VIII Convivencia, a que empregará para seguir traballando en labores de iniciación e perfeccionamento con 16 colexiados chegados da formación "on line" e adscritos aos comités de Lugo, Ferrol, Coruña, Santiago, Vigo e propia Arousa. Xunto a eles estará o Director Técnico do CGAB, Miguel Ángel Pérez, e os diferentes coordinadores técnicos zonais. En conxunto, fortalecerán o apartado da convivencia entre os novos árbitros e tamén daranlles a oportunidade de acometer a súa primeira experiencia arbitral fóra da súa zonal.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis