Deporte Galego

C.B. Baloncesto Seis do Nadal - Coia presenta os seus torneos de Semana Santa 2017

  • 11 Abril 2017 |

Un total de 36 equipos, e preto de 500 deportistas, participarán nunha nova edicións do evento. 

Os pavillóns de Navia e Bouza recibirán equipos procedentes de Galicia, Castela León e Asturias. 

O Torneo Cadete chega á súa décima edición, sendo a novena edición do Torneo Infantil e contando coa colaboración da Federación Galega de Baloncesto.

(Info: Seis do Nadal Coia) O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia presentou, xunto ao Concelleiro de Deportes do Concello Vigo, Manel Fernández; durante a mañá do xoves día 6 de abril do 2017 os seus Torneos de Semana Santa 2017 de categoría cadete e infantil, 

Nos últimos días das vacacións de Semana Santa, o 14, 15 e 16 de abril; as pistas dos Pavillóns Municipais de Navia e Bouzas recibirán a un total de 36 combinados de categoría cadete e infantil con preto de 500 deportistas e 50 adestradores/as que serán os protagonistas principais da décima edición do Torneo de Baloncesto Cadete 2017 e da novena edición do Torneo de Baloncesto Infantil.

Estes Torneos de Baloncesto de Semana Santa contarán con tres categorías diferentes. O venres, 14 de abril; disputarase o torneo de categoría Infantil Feminina Series "A" e "B", o sábado, día 15; será quenda das categorías Infantil Masculina e Cadete Masculina Serie "B", e clausurarán o campionato as categorías Cadete Masculina Serie "A" e Cadete Feminina o domingo, 16 de abril.

gIMG 6400

No torneo de categoría cadete participarán os equipos do club anfitrión Seis do Nadal - Coia (Vigo), os combinados galegos do CB Noia, CB Redondela, Salesianos Vigo, Básquet Coruña, Obradoiro CAB (Santiago de Compostela), Instituto Rosalía (Santiago de Compostela), O Meco (O Grove), Bosco Ourense, Eduardo Blanco Amor (Ourense), CB Arxil (Pontvedra); os combinados de Castela e León, o Agustinos León (León); e o equipo de Asturias Baloncesto Vegadeo.

En categoría infantil participarán os combinados do club anfitrión Seis do Nadal - Coia (Vigo); un equipo das Escolas Deportivas (Liga LINCO) da entidade; os equipos galegos do Santa Baia (Boiro), CLB (Vilagarcía de Arousa), Airexa Nigrán, Costa Artabra (Ferrol), CB Maside, CB Noia, Xuven (Cambados), O meco (O Grove), CB Tui, Marín Peixegalego, CB Redondela e CB Nigrán; e o equipo de Castela e León, o Agustinos León (León).

Manel Fernández, Concelleiro de Deportes de Vigo, animou á entidade viguesa a seguir traballando ao nivel que presentan na actualidade e asinou un convenio de colaboración dentro do actual proxecto “Gañamos Todos”. O acordo foi asinado pola Presidenta do Seis do Nadal - Coia, Concepción Martins, que estivo acompañado polo directivo Ramón Román e polo Director Deportivo da entidade, Sergio González.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence