Deporte Galego

XIV Clínic “Lugo é Basket Hierros Ferreiro”

  • 31 Marzo 2017 |

Chega a XIV edición do Clínic “Lugo é Basket Hierros Ferreiro”, cita a celebrar no pavillón anexo ao Pazo dus Deportes de Lugo o vindeiro nove de Abril coa organización da Asociación Xuvenil Sagrado corazón e a colaboración da Deputación Provincial de Lugo, Concello de Lugo, Federación Galega de Baloncesto; e institucións e empresas lucenses.

Esta convocatoria de 2017 para o xa tradicional Clínic “Lugo é Basket Hierros Ferreiro” configura unha oportunidade especial na que, baixo o seguinte programa, reuniranse os adestradores que máis tempo dirixiron ao C.B. Breogán:

(10:30 h) Recepción e entrega das planiñas do clinic.

(10:45 h) Lisardo Gómez: Defensa de cambios e do mismatch.

(12:30 h) Andreu Casadevall: Actividade defensiva.

(17:00 h) Natxo Lezkano: Xogar chegando como filosofía de xogo.

(18:45 h) Paco García: Construír defensa desde conceptos básicos.

Todas as charlas serán expostas en pista con xogadores e terán unha duración de 90 minutos. Ademais, froito da colaboración coa Federación Galega de Baloncesto, os asistentes ao clínic terán unha validación de 10 horas federativas para os seus cursos de formación, que serán catro horas en caso daqueles adestradores inmersos no nivel dos cursos de iniciación.

Inscrición
Para tramitar a inscrición neste XIV edición do Clínic “Lugo é Basket Hierros Ferreiro” é preciso enviar datos persoais (nome completo, DNI e club de procedencia) vía mail (Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.) e efectuar un ingreso bancario (ES90 2080 0151 1930 4000 7121) de 25 €, ou 20 € se asiste un grupo de, polo menos, 3 membros.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence