Deporte Galego

Carballo celebra con éxito o "Primeiro Día Autonómico do Pequebasket"

  • 20 Maio 2013 |

O "Primeiro Día Autonómico do Pequebasket - Carballo 2013" encheu este venres, 17 de maio, esta vila coruñesa con toda a maxia do Baloncesto. Rexistrando éxito de convocatoria, con máis de 300 participantes entre nenos en idade "pequebasket" e adestradores, o formato "4x4" converteuse en centro de atención dunha festa na que a organización, de mans de Escola Basket Xiria e Concello de Carballo, foi perfecta.

Todos os detalles desenvolvéronse baixo o previsto: a puntualidade nos horarios dos partidos, o correcto avance das horas de xantar e merena e o bo facer de todos os monitores e voluntarios.

As zonas habilitadas para inchables e xogos estiveron moi concorridas ao longo de toda a xornada, unha data que congregou tamén a máis de 800 persoas nas gradas do Pavillón Bergantiños.

PEQE 2

O apoio aos xogadores e xogadoras máis novos amosado por familiares e afeccionados arropou ao total de 58 encontros amigables que se disputaron, partidos que encheron as pistas de diversión e puro baloncesto. Nas facianas de ledicia de todos os participantes latexaba a mesma promesa: repetir o ano próximo.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis