Deporte Galego

Satisfacción tras a VIII Convivencia Benxamín do C.B. O Meco

  • 21 Maio 2013 |

O C.B. O Meco volveu a cubrir as mellores expectativas o pasado día das Letras Galegas, 17 de maio; coa celebración da oitava edición da súa especial Convivencia Benxamín.

O equipo de O Grove rexistrou de novo un cheo nas gradas do Pavillón Municipal Monte da Vila, instalación que foi sede para os encontros amigables, os xogos populares e as actividades lúdicas e musicais.

A VIII Convivencia Benxamín rexistrou un ambiente deportivo propicio para que todos os participantes, pre-benxamín e benxamíns chegados das Delegacións FGB de Arousa, Vigo e A Coruña, desfrutaran dunha xornada completa de ledicia, cuberta ademais con agasallos e recordos para todos.

meco nuev

Nesta particular convivencia cos máis novos como obxectivo, contouse tamén coa colaboración do Comité Galego de Árbitros, que estivo representado polo seu propio Director Técnico, Miguel Ángel Pérez; e por un total de 16 colexiados na súa etapa de "iniciación", que aproveitaron para traballar conceptos e situacións.

Agradecemento
Desde o C.B. O Meco non deixaron atrás a ocasión de agradecer esta contribución do CGAB e os seus novos colexiados, así como a presenza de diferentes personalidades deportivas e institucionais que estiveron na vila pontevedresa para apoiar ao Baloncesto Base.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis