Deporte Galego

"Torneo 3×3 de Nadal" da man de Universitario Ferrol

  • 15 Decembro 2016 |

(Info: Universitario Ferrol) O Universitario de Ferrol presenta a 33ª edición do seu "Torneo de Minibasket 3×3", unha cita que terá lugar durante o xoves 22 e o venres 23 de decembro no Polideportivo de Esteiro. 

Esta nova cita co seu xa tradicional campionato de Nadal, Universitario Ferrol contará con 32 equipos formados por xogadores englobados en catro categorías segundo o seu ano de nacemento. O segundo día de competición reestruturaranse os grupos para xogar contra outros equipos diferentes, en función dos resultados do día anterior. Os partidos comezarán a partir das 10:30 horas, terán unha duración de 10 minutos e cada equipo disputará polo menos tres en cada xornada.

A inscrición farase por rigorosa orde de recepción e pecharase cando se completen os 32 equipos ou, como límite, o venres 16 de decembro. Os equipos deberán inscribirse a través da Delegación Ferrolana de Baloncesto (personalmente ou por correo electrónico - Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.).

O formulario de inscrición, así como a normativa concreta deste "Torneo 3x3 de Nadal" poden descargarse nos documentos que se achegan. 

 

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence