Deporte Galego

Campus "Lago de As Pontes 2016"

  • 15 Decembro 2016 |

(info: CB As Pontes) Xa está aquí unha nova edición, a sexta no tempo; do Campus Lago das Pontes, organizado polo Club Baloncesto As Pontes coa colaboración da Federación Galega de Baloncesto. 

Esta nova convocatoria do Campus "Lago de As Pontes 2016" estenderase ao longo de 4 días, do 27 ao 30 de decembro; con horario de 10:00 h a 17:30 h e impartirase en 3 pavillóns das Pontes: Pav. Municipal, IES Castro dá Uz e CPI Monte Caxado.

A súa finalidade principal é mellóra da técnica e táctica individual e colectiva dos xogadores. Pero tamén destacan outros factores como a convivencia, o compañerismo e a diversión que supón pasar catro días en grupo practicando deporte, conversando e coñecendo novos amigos. Admitiranse xogadores a partir de 6 anos que se distribuirán en grupos segundo as súas capacidades ata un máximo de 70 en total.

A dirección técnica está a cargo de o adestrador galego Chiqui Barros, coa axuda de Héctor Piñeiro, dirixirá técnicamente esta actividade, contando tamén cun nutrido conxunto de colaboradores: Roberto Carlos Martínez, Manolo Dacosta, Alberto Rodríguez "Chufi", adestrador e director deportivo do Xuven de Cambados, Juanjo Martínez, Árbitro ACB (Colexio Castelán-Leonés), Samuel Barros, xogador do Narón EBA e selección española U18-3X3, Sonia Caaveiro Fornos, adestradora do C.B. As Pontes; Elena López Seco, adestradora do C.B. As Pontes, José Antonio Valcárcel González, adestrador do C.B. As Pontes e Javier Barcón Vázquez, adestrador do C.B. As Pontes.

Na web oficial do C.B. As Pontes pode consultarse a información completa referida a este VI Campus "Lago de As Pontes 2016".

 

 

 

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence