Deporte Galego

I Torneo de Baloncesto "Concello de A Fonsagrada"

  • 30 Maio 2013 |

Concello de A Fonsagrada e Asociación Xuvenil Sagrado Corazón celebran este venres e sábado, 31 de maio e 1 de xuño; o I Torneo de Baloncesto "Concello de A Fonsagrada".

Co obxectivo de congregar a equipos galegos e do Noroeste de España, ambas as entidades reunirán na indicada localidade lucense, durante estas dúas xornadas, a diferentes equipos de categoría infantil, cadete e júnior, todas elas masculinas, para competir repartidos entre o Polideportivo Municipal e o Polideportivo do IES Fonte Albei.

Cun calendario de encontros programado ao detalle para preto de 150 participantes, neste "I Torneo Concello de A Fonsagrada" non faltará tampouco o tempo reservado para o ocio, contando para isto coas instalacións da pista deportiva do CEIP Santa María.

O Baloncesto, a convivencia e a diversión camiñarán pois da man nesta cita, na que cada equipo participante recibirá, a maiores, un trofeo acreditativo da súa presenza no Concello de A Fonsagrada, sede que xa ten en mente poder repetir esta convocatoria con éxito en vindeiras edicións

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis