Do 25 ao 31 de xullo celébrase no Colexio dos Sauces de Pontevedra o “Summer Basketball Camp”, a III edición do Campus de Verán de tecnificación do CLUB ESTUDANTES PONTEVEDRA, con importantes novidades.
A primeira é que será un campus bilingüe, que terá na dirección técnica a todo un referente no Baloncesto como é Chiqui Barros, que estará acompañado polos responsables de canteira de clubs como o Obradoiro ou o Basquet Coruña.
A presente edición do Summer Basketball Camp” terá como xogador estrela a David Navarro, xogador do River Andorra Morabanc de Liga Endesa, coñecido do baloncesto galego. O staff completarase con adestradores estranxeiros expertos no traballo técnico e físico; a visita de adestradores galegos de Liga Endesa e o bo facer de adestradores locais como Lucas Vaquero.
O Campus conta con tres modalidades de matrícula: a xeral, a correspondente a clubs con convenio (consultar) e as do propio club. E en canto ás idades, abarca desde minibasket a Sub23 (traballo específico de pretemporada). En resumo, unha gran oportunidade de mellora técnica-táctica e formativa.
Toda a información para a inscrición pode consultarse no tríptico que se achega con esta información.