Deporte Galego

II Torneo Baloncesto Gondomar - CB Nigrán: "Xogando pola igualdade"

  • 16 Xuño 2016 |

Club Baloncesto Nigrán, en colaboración co Concello de Gondomar e a súa Concellería de deportes, organiza esta fin de semana, 18 e 19 de xuño; o Torneo "Xogando pola igualdade", promovido coa finalidade de difundir a figura da muller no deporte.

O Torneo disputarase con equipos mixtos na súa gran maioría, co obxectivo de crear un ambiente de igualdade entre os equipos participantes e conseguir, mediante o xogo, que os nenos e nenas máis pequenos participen e se vexan como iguais.

Dentro desta cita, o sábado pola mañá, activaranse xornadas de portas abertas para os 8 colexios de Gondomar e Nigrán (Humberto Juanes, Panxón, Carlos Casares, Cruz Camos, Chano Piñeiro, Serra Vincios, Souto Donas e Neira Vilas) onde se conxugarán equipos mixtos para competir por cursos e categorías. Cada equipo levará o nome dunha muller deportista relevante.

Xa en horario de tarde saltarán á pista os nenos e nenas de categoría Baby, para a continuación dar paso á categoría Benxamín. No descanso de ambas farase entrega de medallas por parte das autoridades do Concello e mulleres representativas de varios sectores.

Finalmente, xa o domingo será a quenda para á categoría en horario de mañá e a júnior en horario de tarde. 

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence