Doblete galego en categoría feminina no pase aos oitavos de final do Campionato de España Cadete de Clubs, que se está a celebrar en Zaragoza desde o pasado domingo, 22 de maio.
Estudiantes de Lugo e Real Club Celta competirán este mércores nesta rolda, na que se dan cita os 16 mellores equipos da cita nacional. Con encontros marcados para as 10:30 h e 20:00 h, seguiremos ben atentos ás evolucións de ambos os equipos.
XVIII Campionato de España Cadete Feminino: (Zaragoza, do 22 ao 28 de maio)
Oitavos de Final - 25/05/16
(10:30 h) UVA Ponce - Estudiantes Lugo Leyma Natura (70 - 49)
(12:30 h) Snatt`s Femenì Sant Adrià - Real Canoe (68 - 40)
(16:00 h) Basket Almeda 1 - Basket Cartagena (48 - 29)
(16:00 h) Rivas Promete - La Salle Tenerife (44 - 59)
(18:00 h) Aranguren Mutilbasket - CB Andalucía Promesas (53 - 48)
(18:00 h) Spar Gran Canaria - Valencia BC (63 - 47)
(20:00 h) Autocares Ulacia ISB – Stadium Casablanca (45 - 59)
(20:00 h) BF San Blas Alicante - Real Club Celta (47 - 49)