Deporte Galego

Posta en marcha oficial para o IV Día do Pequebasket

  • 09 Maio 2016 |

Oito canchas de minibasket, máis de cen partidos, inchables, xogos e moito máis: o 17 de maio no IV Día do Pequebasket. Máis de 700 nenos e nenas de entre 5 e 8 anos participarán o vindeiro martes, 17 de maio; no IV Día do Pequebasket, unha cita que invadirá Carballo con 60 equipos das categorías de base e que bate, segundo explicou na presentación oficial o Presidente da Escola Basket Xiria, Diego Vázquez; “todos os récords” sendo un evento “de referencia autonómica e en pouco tempo, esperemos que o sexa nacional”, tamén confirmou a presenza de Fernando Romay.

Escola Basket Xiria presentou o pasado xoves, 5 de maio; o “IV Día do Pequebasket”. Oito canchas de peque e minibasket, un total de 110 partidos en formato 4×4, inchables, coches e a pedais e moitos xogos son só algunhas das actividades que terán lugar nesta cita que ten como principal obxectivo que os nenos e nenas o pasen ben e desfruten dun día inesquecible.

Así o explicou Francisco Martín Mico, Presidente da Federación Galega de Baloncesto, que expresou a súa “maior alegría porque se forme aos nenos e nenas nos valores do deporte”. Aproveitou para transmitirlle os seus parabéns aos campións galegos, os cadetes de “Carballo a un Paso” Basket Xiria, “competindo con equipos de Coruña, Santiago ou Vigo”. A cabeza visible da FGB confirmou a presenza de Fernando Romay, que coma en anos anteriores, non quere perder esta nova cita en Carballo, onde está a crear un gran vínculo deportivo coma padriño do “DÍA DO PEQUEBASKET”.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence