Deporte Galego

Básquet Coruña e Peleteiro, anfitrións para as Fases Finais A4 da Liga FGB Júnior

  • 11 Abril 2016 |

Rematado o prazo estipulado para a presentación de solicitudes, o Comité de Actividades FGB comunica a concesión das Fases Finais Autonómicas Júnior a Basquet Coruña e Peleteiro, en categorías masculina e feminina, respectivamente.

En ambas as Ligas, e con rango definitivo, figuran xa como CAMPIÓNS: RC Celta e Estudiantes Lugo Leyma Natura.

As cidades de A Coruña e Santiago serán as primeiras protagonistas das fases finais FGB na presente temporada 2015 - 2016. A categoría júnior autonómica estreará a desputa destas roldas definitivas e farao a vindeira fin de semana visitando a cidade herculina en categoría masculina, e a capital galega en feminina.

Así, baixo designación oficial da FGB, Basquet Coruña será o organizador da Fase Final Júnior Masculina, a celebrar o sábado, 23 de abril. O equipo coruñés, xa clasificado matematicamente para esta quenda, competirá na mesma con Club Ourense Baloncesto e Cidade de Lugo, tamén con praza gañada, e cun cuarto contendente que coñeceremos esta mesma fin de semana tras a última xornada de Liga.

No apartado feminino, será Peleteiro o encargado de acoller a Fase Final, no seu caso na xornada dominical do 24 de abril. Xunto a el comparecerán Ensino Lugo e outros dous equipos a decidir este domingo 17.

Todos os detalles deportivos de ambas as fases, incluíndo calendario e a posibilidade da súa retransmisión en directo vía FGBretransmisións, concretaranse nos próximos días.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence