Deporte Galego

"II Torneo Basket sen Barreiras" da man do CB Nigrán

  • 17 Marzo 2016 |

Na competición participarán 170 xogadores do propio club, do Centro Juan María e do club Amfiv. Así mesmo, recadaranse donativos para a AECC.

Unha marcha simbólica contra o cancro inaugurará o evento, que terá lugar os días 21 e 22 de marzo no Pavillón de Deportes de Panxón.

O Club Baloncesto Nigrán, en colaboración coa Asociación Española contra o Cancro (AECC), organiza a segunda edición do Torneo Basket Sen Barreiras os días 21 e 22 de marzo no Pavillón de Deportes de Panxón cun carácter solidario: recadar fondos para a investigación desta enfermidade.

A inauguración da competición realizarase este domingo cunha marcha simbólica contra o cancro ás 12.00 horas dende o Concello de Nigrán ata o polideportivo, na que aproveitarán para amosar o seu apoio ás vítimas do sinistro do pasado sábado en A Guarda.

Así o anunciaron esta semana membros do CB Nigrán na presentación do torneo, que tivo lugar esta no propio polideportivo e á que acudiron o alcalde de Nigrán, Juan González, o concelleiro de Deportes, José Luis Sanromán, e representantes de entidades colaboradoras, como a AECC e o Centro Juan María.

Esta marcha simbólica, programada con carácter previo como pistoletazo de saída á competición, consistirá nunha carreira de relevo aberta a toda a cidadanía na que os participantes se pasarán unha pelota de baloncesto dende o edificio do consistorio ata o Pavillón de Panxón, nun intento de recrear o tradicional transporte en relevo do emblemático facho olímpico.

O esférico presidirá a celebración do torneo nunha cancha específica colocada para a ocasión. O traslado do balón inaugurará oficialmente o II Torneo Basket Sen Barreiras, aínda que non será ata o luns cando comece o evento, que contará coa presenza do Club AMFIV (Asociación de Minusválidos Físicos de Vigo), o Centro Juan María e os centros escolares de Camos, Vilariño e o CEIP Humberto Juanes.

En total, máis de 170 xogadores repartidos en trece equipos que buscarán romper obstáculos a través do deporte cun fin solidario. "Promover a integración social de persoas con algún tipo de discapacidade e fomentar a práctica deportiva entre pequenos e maiores é un dos nosos principais retos, por iso cremos que este tipo de competicións son necesarias e fundamentais para o noso municipio", sinalou o alcalde de Nigrán, Juan González.

O torneo desenvolverase ambas xornadas dende as 10.30 h ás 18.30 h, nas que se disputarán distintos partidos entre as diferentes categorías e nos que tamén intervirán xogadores en silla de rodas do AMFIV. Cada persoa participante realizará un donativo para a loita contra o cancro e habilitarase unha urna para aqueles que acudan e queiran colaborar coa AECC. Todo o recadado entregaráselles aos responsables da asociación cando conclúa o torneo.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence