Deporte Galego

A FGB apoia ao "Pequebasket" na súa IV edición

  • 16 Marzo 2016 |

A dous meses da celebración da cuarta edición do Pequebasket, a Escola Basket Xiria comeza con todo o entusiasmo a preparación da actividade, orientada para nenos e nenas de toda Galicia e de idades comprendidas entre os 5 e os 8 anos.

Un ano máis, o Pequebasket celebrarase o día 17 de maio, coincidindo co Día das Letras Galegas, día festivo en toda a Comunidade. O equipo organizador deste Día do Pequebasket está metido xa de cheo na programación da xornada nos seus aspectos lúdico, festivo e deportivo.

Neste senso, Diego Vázquez Reino, Presidente do club; Arturo Ferraces, Director Deportivo de  Escola Basket Xiria; e Marcos Díaz Molk, membro da xunta directiva; mantiveron unha reunión na Federación Galega de Baloncesto que resultou moi frutífera.

Na xuntanza, na que participaron o presidente da FGB, Francisco Martín; a entidade federativa expresou o seu total apoio á iniciativa, considerada xa como un evento de referencia autonómica.

A Federación Galega está completamente implicada coa Escola Basket Xiria para impulsar esta actividade, que novamente reunirá en Carballo a máis de cincocentos nenos de 5 a 8 anos para desfrutar dunha xornada multideportiva, lúdica e festiva co baloncesto como pano de fondo.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence