Deporte Galego

10ª edición do "Torneo de Minibasket C.B. Baiona"

  • 10 Marzo 2016 |

(info: CB Baiona) O X Torneo Internacional de Minibasket, que organiza o Club Baloncesto Baiona co apoio do Concello, celebrou este mércores a súa xa tradicional presentación oficial.

Neste acto atopábanse, ademais dos representantes do club, a concelleira de Deportes, Mª Jesús Martíns; o Xefe Territorial de Deportes, Daniel Benavides; o deputado provincial Juan González; o responsable de relacións cos clubs da da Federación Galega de Baloncesto, José Luís Pérez; e María Troncoso, representante de Coca-Cola Iberian Partners, unha das empresas colaboradoras.

A 10º edición do torneo desputarase os días 18, 19 e 20 de marzo. Nel atoparanse as mellores escolas galegas e portuguesas de Baloncesto, deixando espazo para demostrar as calidades e a evolución dos seus xogadores e xogadoras.

Neste 2016 os participantes, de categoría alevín, vivirán 3 días de convivencia a través do baloncesto, nos que se intentará fomentar a tolerancia e reforzar habilidades para relacionarse cos demais e afrontar os conflitos de xeito positivo, entre outros.

En total participarán 24 equipos, 12 en categoría masculina e 12 en categoría feminina. O cadro de encontros do torneo realizouse tamén no marco da súa presentación oficial.

Na categoría masculina os equipos participantes serán: CB Allariz, Apóstol, CB Baiona, Bosco Salesianos Ourense, Basquet Coruña, Estudiantes Lugo, Basket Clube Limiense, Marín PeixeGalego, Novobasket Vigo, CB Porto do Son, CB Salesianos Vigo e Seis do Nadal Coia.

Na categoría feminina competirán: CB Allariz, CB Arxil, CB Baiona, Celta Bosco, Compañía de María, Basquet Coruña, Estudiantes Lugo, Basket Clube Limiense, Marín PeixeGalego, CB Porto do Son, CB Salesianos Vigo e Seis do Nadal Coia.

O torneo desenvolverase do seguinte xeito: o venres 18 disputarase o torneo de tiros por parellas. O sábado 19 será a fase de grupos, na que se clasificarán os dous primeiros. O domingo 20 os eliminados xogarán entre eles e os equipos finalistas disputarán os play-offs de eliminación directa. A final masculina será ás 17:00 horas e a feminina ás 18:00 horas. Ás 19:00 horas terá lugar a entrega de premios e posteriormente clausúraa do torneo.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence