Deporte Galego

Seis do Nadal - Coia pon en marcha o I Día do Benxamín Vigo-Arousa

  • 11 Xuño 2013 |

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia organiza este sábado, 15 de xuño; a Primeira Edición do seu Día do Benxamín Vigo-Arousa, a celebrar nas instalacións e no exterior do pavillón municipal de Navia, cun total de 23 equipos benxamíns participantes, procedentes das delegacións de Vigo e Arousa.

Seis do Nadal Masculino "A", Seis do Nadal Masculino "B", Seis do Nadal Feminino, Porriño Bto. Base Masculino, Porriño Bto. Base Feminino, Porriño Bto. Base Escolar, Ándersen Masculino, Ándersen Feminino, Las Acacias, Salesianos Vigo Mixto 1, Salesianos Vigo Mixto 2, Salesianos Vigo Mixto 3, Airexa Nigrán Feminino, Redondela Mixto, Carmelitas, Miralba Mixto e Maristas Masculino, son os conxuntos de Vigo que participarán na xornada.

Pola súa banda, dende a zona de Arousa comparecerán: Liceo Casino Masculino "A", Liceo Casino Masculino"B", Liceo Casino Masculino "C", CB Arxil Feminino, CB Grove Turimares Masculino e CB Grove Amalfi Feminino. Xunto a eles estará, como convidado, o equipo portugués do Básket Club de Gaia.

A competición repartirase en catro pistas cubertas e dúas pistas ao aire libre no exterior do pavillón. Nestas seis pistas disputaranse máis de 30 encontros, que cubrirán a xornada de sábado no seu tramo matutino.

O I Día Benxamín Vigo - Arousa contará ademais cunha pista na rúa, aberta a todos os nenos e nenas que desexen achegarse e coñecer o deporte da canastra. Partidos, xogos e moitas outras actividades paralelas levaranse a cabo nesta particular pista externa, que encherá de cor ao xa de por si atractivo evento.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis