Deporte Galego

C.B. Arxil: Récord de participación para o seu "XII Día do Baloncesto - 3x3 na Rúa"

  • 12 Xuño 2013 |

O C.B. Arxil saca de novo o Baloncesto á Rúa no seu tradicional "Día do Baloncesto - 3x3", actividade que celebra neste 2013 a súa XII edición. A cita é este xoves, 13 de xuño, na pontevedresa Avenida de Montero Ríos.

A entidade da cidade do Lérez reunirá nesta festa do "3x3" a 950 nenos e nenas de entre 1º e 6º de primaria, unha cifra récord de participantes que chegarán procedentes de diferentes colexios da zona: CEIP Campolongo, CEIP Froebel, CEIP Manuel Vidal Portela, CEIP Praza de Barcelos, CEIP San Benito de Lérez, CPR Calasancio, CPR Ntra Señora de los Dolores, CPR San José e a Asociación Virgen de la O.

A XII edición do Día do Baloncesto "3x3 na Rúa" activará os seus mecanismos para que todos se sintan como na casa desfrutando do deporte, e para iso contará coa colaboración da Federación Galega de Baloncesto e de diferentes institucións entre as que se atopan o Instituto Municipal de Deportes de Pontevedra, o Concello de Pontevedra, Visita Pontevedra, a Deputación Provincial de Pontevedra, a Secretaría Xeral para o Deporte, Supermercados Froiz, NovaGaliciaBanco, Feiraco, Diario de Pontevedra e Mafari Café.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis