Deporte Galego

Universitario Ferrol pon en marcha o Torneo de Nadal Minibasket 3x3

  • 14 Decembro 2015 |

O Torneo de Minibasket 3x3 que todos os anos, en Nadal e Semana Santa, organiza o Universitario Ferrol co patrocinio do Concello de Ferrol e a colaboración de McDonald's, Coca Cola e GADIS, chega este Nadal á súa 31ª edición coa firma STAR CENTER uníndose á nómina de empresas colaboradoras.

(Info: uniferrol.com) Esta nova edición, como sempre, celebrarase no Pavillón de Esteiro, reunindo o luns 21 e o martes 22 de decembro a trinta e dous equipos que, durante dúas mañás, desfrutarían facendo o que máis lles gusta, xogar ao basket.

Durante esas dúas mañás, máis de 120 xogadores e xogadoras (de 3º a 6º de Educación Primaria) medirán as súas forzas en partidos de 10 minutos, reestruturándose os grupos a 2ª xornada para buscar a maior igualdade posible.

Os equipos están formados por 4 xogadores como máximo, o que obriga a que teñan que xogar todos, co que xogadores que en ocasións non xogan demasiado nos partidos da competición habitual, aquí poden gozar de moitos minutos de cancha.

Toda a información precisa para a inscrición, cuxo límite está fixado no 17 de decembro, pode atoparse nos documentos que se achegan.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis