Amfiv, o conxunto vigués de Baloncesto en Cadeira de rodas organizará o próximo fin de semana, 22 e 23 de xuño, no Pavillón de Bouzas, e grazas á colaboración da Deputación de Pontevedra, dúas xornadas dedicadas á promoción do baloncesto en cadeira de rodas e á súa integración co baloncesto a pé.
A actividade abrirase na mañá do sábado, 22 de xuño, coa celebración do "I Clinic de Baloncesto Adaptado". De 10.00 h a 14.00 h, os asistentes poderán realizar unha primeira aproximación ao baloncesto en cadeira de rodas da man de Sergio González, membro do corpo técnico do Amfiv, que esta tempada logrou igualar a mellor clasificación na historia da entidade co terceiro posto na División de Honor e na Copa do Rei e máximo responsable deportivo do Club Seis do Nadal.
O outro relator será o vigués e árbitro da International Wheelchair Basketball Federation, Jorge González Marqués, cunha larguísima experiencia como colexiado nesta modalidade, tendo pitado ata en varias finais europeas. A asistencia a este I Clinic de Baloncesto Adaptado será completamente de balde aínda que desde a organización rógase informar da asistencia no mail Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
Para o domingo, 23 de xuño, quedará a disputa, tamén no Pavillón de Bouzas, do II Torneo 3x3 Amfiv-Baloncesto Integral. Tras a boa aceptación da primeira edición, o torneo manterá o formato do pasado ano, disputándose os encontros en dous partes, unha a pé e outra en cadeira, para sumarse logo os resultados de ambas e coñecer así o ganador. Haberá dúas categorías, unha para menores de 14 anos (Infantil) e outra para maiores de 14 anos (Sénior).
Os participantes terán que pagar a simbólica cifra de 3 euros por xogador e poderán realizar a inscrición na tenda de Deportes One (Rúa Teixugueiras, Nº16-Navia.Vigo) ou descargando a folla de inscrición na páxina web do club e enviándoa, debidamente cuberta, ao mail Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. segunda edición haberá tamén premios para os gañadores en cada unha das categorías, unhas camisetas xentileza de Deportes One e unha comida no Restaurante Machina, así como trofeos para os dous primeiros.
Para promocionar este intenso fin de semana de achegamento entre o baloncesto a pé e o adaptado, o Amfiv quere invitar, a través da Federación Galega de Baloncesto e a súa Delegación en Vigo, a todos os clubs, especialmente aos de Vigo e a súa Área Metropolitana, a participar tanto no Clinic como no Torneo 3x3.