Deporte Galego

Amfiv: aposta decidida pola integración

  • 14 Xuño 2013 |

Desde fai xa varias tempadas, o Amfiv realiza un firme aposta por achegar o baloncesto a pé e o baloncesto adaptado, consciente de que malia tratarse de deportes adscritos a distintas federacións son máis as semellanzas entre ambas modalidades que a súa única diferenza: a cadeira de rodas.

De feito, o actual corpo técnico do conxunto vigués- César Iglesias, Óscar Carbajo e Sergio González-, así como a inmensa maioría dos seus últimos adestradores (Julio Bernárdez, Félix Muñoz, Ana Álvarez o Cristina Cantero), procede do baloncesto a pé e na actualidade compaxinan os seus traballos como técnicos en equipos de baloncesto a pé coas súas funcións no Amfiv.

A pasada campaña deuse un novo paso neste sentido coa disputa, grazas ao patrocinio da Deputación de Pontevedra, do I Torneo 3x3 Amfiv-Baloncesto Integral. A iniciativa, que foi un rotundo éxito con máis de cen participantes, buscaba unir ambas as modalidades, disputándose encontros en dúas partes, unha a pé e outra en cadeira, sumándose os resultados de ambas para coñecer o vencedor de cada partido. E foi precisamente o notable interese que espertou este Torneo 3x3 o que levou ao Amfiv a realizar unha nova aposta, un pouco máis ambiciosa.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis