Deporte Galego

10º Campus de Verano - Club Baloncesto Culleredo

  • 14 Xuño 2013 |

O Club Baloncesto Culleredo organiza a 10º edición do seu completo Campus de Verano, orientado a nenos e nenas de entre 5 a 16 anos.
Unha ampla gama de propostas que van dende o Baloncesto ata actividades tan variadas como rugby, rocódromo, taller de deseño gráfico ou de fotografía, entre outras, configura o programa desta décima convocatoria, a celebrar en A Coruña entre os días 24 e 28 de xuño e 1 e 5 de xullo, tendo como sede as instalacións do Pavillón Municipal do Burgo e do Parque Deportivo de Acea de Ama.

Coa presenza de monitores e adestradores especializados, os participantes aprenderán e gozarán do Baloncesto sen esquecer o tempor para o ocio e a convivencia, visitando incluso o Aquapark de Cerceda, aproveitando a época estival na que nos atopamos.

Inscrición
Os interesados en ser partícipes deste X Campus de Verano poden recoller toda a información precisa para a súa inscrición dos documentos oficiais da actividade, que achegamos xunto a esta información; ou acceder á web oficial do Club Baloncesto Culleredo: www.cbculleredo.es

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis