Deporte Galego

Campus de Verán Baloncesto Cambre

  • 19 Xuño 2013 |

Club Baloncesto Cambre organiza unha nova edición do seu "Campus de Verán Baloncesto Cambre", a celebrar entre os días 25 e 28 deste mes de xuño no Pavillón Municipal Sofía Toro, na propia vila coruñesa.

En horario de 09.00 h a 18.00 h, cada xornada os responsables e monitores orientarán e guiarán as diferentes actividades que, xunto co Baloncesto, ofrece esta nova convocatoria, dirixida a nenos e nenas nados entre os anos 1999 e 2007.

Poderase desfrutar de adestramentos en inglés, exercicios de mellora de técnica individual, rutas de sendeirismo, xogos populares e concursos, entre outros atractivos, os cales poden consultarse, así como os detalles do proceso de inscrición, a través do enderezo electrónico do club: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis