Deporte Galego

Amfiv e Diputación de Pontevedra organizan o ‘II Torneo 3x3 de Baloncesto Integral' e o ‘I Clinic de Baloncesto adaptado'

  • 20 Xuño 2013 |

Ambas actividades forman parte do interese do Amfiv por achegar o baloncesto a pé e o adaptado, para trasladar ao público a idea de que un e outro poden ser igual de espectaculares. A maioría de adestradores do baloncesto en cadeira de rodas proceden do baloncesto a pé.

O pavillón vigués de Bouzas acollerá este fin de semana "a festa do baloncesto integral" organizada, por segundo ano consecutivo, polo club vigués Amfiv de baloncesto en cadeira de rodas, en colaboración coa Diputación de Pontevedra.

Esta actividade, que terá dobre presenza, presentouse na mañá do mércores na sede viguesa do organismo provincial, coa presenza da deputada Marta Iglesias; o responsable da organización Nacho Cabaleiro, o técnico Sergio González; o árbitro internacional Jorge González e o responsable da Federación Galega de Baloncesto en Vigo, José Luís Pérez.

Todos eles detallaron os principais atractivos das dúas actividades que compoñerán a fin de semana: "II Torneo 3x3" e o "I Clínic de Baloncesto Adaptado".O árbitro internacional Jorge González destacou os "enormes parecidos" entre o baloncesto en cadeira de rodas e o baloncesto integral e fíxoo cun exemplo gráfico: "en realidade as cadeiras e as rodas son as pernas e os pés, esa é a diferenza, nada máis". Pola súa banda, tanto a deputada Marta Igresias como o responsable FGB, José Luís Pérez; eloxiaron o gran traballo do club vigués.

A deputada provincial lembrou que se trata dun equipo situado na división de honra, dentro da segunda mellor liga do mundo. Nacho Cabaleiro, responsable da organización, relatou a experiencia positiva do primeiro torneo 3x3 celebrado o ano pasado, e advertiu que este ano está xa garantida a participación de catro equipos de infantil (ata 14 anos) e 8 sénior (máis de 14 anos), pero espérase superar esta cifra ata hoxe mesmo, día en que termina o prazo de inscrición.

"II Torneo 3x3"
O citado "II Torneo 3x3" disputarase o domingo, 23 de xuño, de dez da mañá a oito da tarde, coa coñecida modalidade de xogar en dúas partes, unha delas a pé e outra en cadeira de rodas.Os participantes terán que pagar a simbólica cifra de 3 euros por xogador e poderán realizar a inscripción na tenda de Deportes One na Rúa Teixugueiras Nº16 en Navia (Vigo) ou descargando a folla de inscrición na páxina web do club (www.cdamfiv.com) e enviándoa debidamente cuberta ao mail Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo..

"I Clinic de Baloncesto Adaptado"
O "I Clinic de Baloncesto Adaptado" terá lugar o sábado, 22 de xuño, de dez da mañá ata as dúas da tarde, contando coa presenza como relatores do técnico Amfiv, Sergio González, e do árbitro da International Wheelchair Basketball Federation, Jorge González Marqués.

Ambos serán os encargados de explicar as diferenzas e similitudes do baloncesto en cadeira de rodas desde o punto de vista dun adestrador, dun árbitro e dos propios xogadores. A idea é achegar aos afeccionados esta disciplina, na que o Amfiv ocupa unha posición de privilexio no panorama nacional e internacional.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis