Comeza en Torrrelodones (Federación de Baloncesto de Madrid) o Campionato de España de Clubs Júnior Masculino con triple representación galega. O Campión autonómico, Estudiantes Lugo, xunto a Instituto Rosalía (2º) e Sant- Yago (3º) inician hoxe mesmo a súa andaina neste nacional, do que, a continuación podes consultar, os resultados e estatísticas galegas.
Sinalar tamén que no apartado arbitral o Comité Galego de Árbitros contará con representación nesta cita nacional. A mesma corre a cargo do colexiado Manuel Andrés Seijo, designado pola área arbitral FEB para tal fin.
XLIV Campionato España Club Júnior Masculino - 1º Xornada Fase Previa (03/05/14)
GRUPO “C”: Valencia BC “A”, Gran Canaria, Sant Yago e EASO A.
(13:30 h) EASO A - Gran Canaria (66 - 82)
(16:00 h) Sant Yago - Valencia BC “A” (50 - 80)
GRUPO “D” : Baloncesto Sevilla, Instituto Rosalía, ADARSA F. Baloncesto Valladolid e Stadium Casablanca.
(09:30 h) Stadium Casablanca - Instituto Rosalía (64 - 54)
(11:30 h) ADARSA F. Baloncesto Valladolid - Baloncesto Sevilla (58 - 78)
GRUPO “E”: Estudiantes Leyma Natura, HM Torrelodones “A”, Instaladora 2001 La Salle “A” e Basket Globalcaja Quintanar.
(18:00 h) Instaladora 2001 La Salle “A - Estudiantes Leyma Natura (63 - 69)
(20:00 h) Basket Globalcaja Quintanar - HM Torrelodones “A” (43 - 75)