Deporte Galego

Aberto o prazo de inscrición para o Día do Pequebasket

  • 07 Abril 2015 |

A festa anual que organiza a Escola Basket Xiria para nenos e nenas de 5 a 8 anos podería contar por primeira vez con equipos de fóra da comunidade galega

A Escola Basket Xiria espera reunir o vindeiro 17 de maio en Carballo a máis de 500 nenos e, en consecuencia, a máis de 500 familias que compartirán unha xornada de deporte, cultura, xogos e diversión que será posible grazas á implicación de institucións como o Concello de Carballo, a Deputación Provincial da Coruña e a Federación Galega de Baloncesto, e á colaboración de numerosas empresas e entidades.

Este luns, 6 de abril, iniciouse o prazo de inscrición, aínda que xa son numerosos os clubs que se interesaron pola iniciativa. O equipo organizador do 3º Día do Pequebasket leva varias semanas traballando na programación da xornada lúdica, festiva e deportiva que se celebrará o Día das Letras Galegas, que xa está considerada xa como un evento de referencia autonómica e que mesmo está sendo imitado en outros lugares de dentro e fóra de Galicia.

Precisamente, dado o éxito e a repercusión que tivo o 2º Día do Pequebasket, nesta terceira edición barállase a posibilidade de contar con equipos de fóra da comunidade autónoma e incluso procedentes do Norte de Portugal.

A inscrición formalizarase a través da Federación Galega de Baloncesto, pódese descargar na web www.diapequebasket.es e unha vez cuberta a ficha de inscrición, deberase de enviar ao correo da FEGABA Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. ata o mércores 29 de Abril.

 

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence