Deporte Galego

C.B. Nigrán aposta polo “Basket sen Barreiras”

  • 25 Marzo 2015 |

O CB Nigrán organiza os vindeiros 30 e 31 de marzo, no Pavillón Municipal de Panxón, o Torneo Primavera "BASKET SEN BARREIRAS", iniciativa amadriñada por Pilar Valero, xogadora de baloncesto internacional que conta no seu palmarés, entre outros títulos, con sete Ligas, cinco Copas e un Campionato de Europa, ademais de participacións en diferentes Mundiais e Europeos.

O Torneo Primavera "BASKET SEN BARREIRAS" configúrase como unha cita moi especial á asistirán equipos de baloncesto federados de toda Galicia que xogarán a pé e que xa participaron en edicións anteriores, así como xogadores e xogadoras que contan con algún tipo de discapacidade e que participarán en equipos xa formados ou integrándose nos diferentes equipos participantes.

O obxectivo deste especial formato de competicióm é o de traballar a integración e transmitir a idea de que todos podemos gozar do deporte sen ningún tipo de barreiras. Neste senso, algúns dos centros invitados a este torneo de baloncesto inclusivo son: o Centro Juan María, Aspanaex, San Rafael, San Francisco ou o centro de Educacion Especial de Panxón. Contaráse ademais coa presenza das Escolas Deportivas do AMFIV, que disputarán varios encontros en cadeira de rodas con xogadores do club anfitrión.

En conxunto, este Torneo Primavera “Basket Sen Barreiras” supón unha iniciativa destacable da que a súa madriña, Pilar Valero, confía en que “se prolongue”, facendo chegar aos membros da directiva e a dirección deportiva do CB Nigrán a súa "felicitación polo traballo realizado ata o de agora".

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence