Deporte Galego

“Campus LEB ORO Basquet Coruña 2015”

  • 27 Febreiro 2015 |

Basquet Coruña avanza os primeiros detalles do seu “Campus LEB ORO Básquet Coruña”, iniciativa novidosa que prepara xa para as vacacións de Semana Santa.

Basquet Coruña dá a coñecer a estructura do que será o seu “Campus LEB ORO”, actividade que terá lugar nas instalacións da Polideportiva de Riazor os vindeiros días 30 e 31 de marzo e 1 de abril (en horario de 9:00 h a 14:00 h) e estará dirixido a nenos e nenas de entre 11 e 17 anos xa iniciados en baloncesto.

Coa colaboración diaria de adestradores do propio club: Tito Díaz, Charly Uzal e Gustavo Gago; así como de xogadores do seu equipo Adecco Oro, a entidade herculina ofrecerá a través deste Campus un total de 4 sesións técnicas de 50 minutos. Nas mesmas, a rutina de traballo estará tutelada polos técnicos e xogadores convidados, quenes dirixirán aos participantes nas súa progresión.

Inscrición

Os interesados en coñecer ao detalle a dinámica deste "Campus Leb Ouro Basquet Coruña" poden acceder xa á plataforma establecida por Basquet Coruña para informar sobre o evento. Igualmente, a dirección de contacto do club para actividades  (Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.), permanece aberta para consultas.



volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence